lunes, 25 de enero de 2021

SONS AGUDOS E SONS GRAVES

Bos días!! hoxe o noso amigo ratón, o director de orquestra, veu con novas adiviñas sonoras para descubrir un novo animaliño. Escoitamos e sentimos o seguinte tema de Camile Saint-saënz "El carnaval de los animales":

Imaxinamos cal é o animal que podería representar o tema, se así non acertamos, temos unha nova pista, onde o ratón descríbenos as características do animal "Os paxariños".
Aprendimos a distinguir e a facer sons agudos, como por exemplo os dos paxariños, e sons graves como por exemplo os dun león.

Seguidamente fixemos xogos musicais cos sons (agudos e graves), coñecendo antes o seguinte instrumento: a flauta de émbalo.



Sons ascendentes e sons descendentes representados co corpo, aleteando como paxariños:






Tamén fixemos un tren que marchaba con sons agudos. E cos sons graves tiñamos que agacharnos para pasar por un túnel. Foi moi divertido!!! pero había que estar moi atentos para non descarrilar!!!


E para finalizar, voamos libremente como paxariños co tema de pajarera "El carnaval de los animales" de Camille Saint-Saëns. E ata aquí, vémonos na próxima!!!

miércoles, 20 de enero de 2021

CANGUROS

 Benvidos de novo musicones!!! hoxe presentouse o ratón director da sinfonía de animais para xogar con nós. O primeiro foi adiviñar en qué animal nos convetiríamos hoxe. E para iso escoitamos un dos temas de Camille Saint Saens, compositor de "El carnaval de los animales" e imaxinamos cal podería ser.



Algúns acertamos!!! Despois coñecemos un novo instrumento: o arpa. Non imaxinábamos que fose tan grande!!! o vimos e escoitamos como sona.

Seguidamente cantamos, bailamos e fixemos percusión corporal co canguro arpa:


E para finalizar, ao ritmo de pandeiro xogamos e saltamos como canguros:




 

Ata a próximaaaa!!!!

 



viernes, 15 de enero de 2021

ANIMAIS SALVAXES

 Bos días musicones!!! e benvidos da volta de Nadal!! Comezamos cun novo trimestre cargado de animais salvaxes, así que fixemos unha orquestra de animais (cada un co seu son respetando o silencio). Foi divertido!! Seguidamente xogamos co noso gran instrumento: o corpo (palmas, muslos e pes, de forma individual e fixémolo máis dificil, tocando de forma simultánea. 


Foi unha pequena preparación para bailar a danza africana dos animais da sabana:



Intentade na casa recordar o baile africano. Déixovos unha pista de como inicia:

EO: 2 MUSLOS

OA: 2 MUSLOS

EO: 2 MUSLOS

A-FRI-CA: 3 PALMADAS

Vémonos na seguinte sesión!!!