Bos días!! hoxe o noso amigo ratón, o director de orquestra, veu con novas adiviñas sonoras para descubrir un novo animaliño. Escoitamos e sentimos o seguinte tema de Camile Saint-saënz "El carnaval de los animales":
Imaxinamos cal é o animal que podería representar o tema, se así non acertamos, temos unha nova pista, onde o ratón descríbenos as características do animal "Os paxariños".Aprendimos a distinguir e a facer sons agudos, como por exemplo os dos paxariños, e sons graves como por exemplo os dun león.
Seguidamente fixemos xogos musicais cos sons (agudos e graves), coñecendo antes o seguinte instrumento: a flauta de émbalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario