miércoles, 27 de marzo de 2019

MÚSICA COAS OLAS DO MAR

Benvidos de novo, hoxe continuamos cun xogo de "Aliméntate ben", na que cada un deberá escoller un ingrediente para a elaboración musical dunha ensalada. Pero neste caso, faremos unha ensalada mariña soamente con productos do mar. Así que todos pensamos nun, e por suposto nun paso de baile. Facemos un círculo simulando o prato da ensalada: o xogo consistiu en memorizar os ingredientes que imos dicindo cos seus pasos correspondentes (atún, palitos de cangrexo, algas, gambas, etc.) e bailar cando corresponda o paso correcto:





Pensamos cómo soan as olas do mar, escoitámolas e vemos un dato curioso, e é que as olas non se xuntan unhas con outras, así que con vasos fixemos como elas: levamos todos o mesmo ritmo (un, dous, tres, paso o vaso) pasándonos o vaso. Sabemos se o estamos a facer ben,  porque igual cas olas, non se poden xuntar:



Era moi difícil!!!! necesitamos moita concentración para seguir o ritmo!!! unha vez dominado, entre todos fixemos unha torre de vasos sen movernos do sitio. Foi moi divertido este traballo en grupo!!!
Ata a próxima!!!!
 

viernes, 15 de marzo de 2019

EU COCIÑO E TI COCIÑAS?

Bos días musicones arrancamos a semana sumerxíndonos no "Aliméntate ben" e para iso comezamos cunha receita sabrosísima: A ENSALADA DE PASTA 
                                                    

Fixemos un baile, movémonos con olas do mar damos unha volta, comemos e outra forma de mover as olas do mar. Cantamos o estribillo "Somos nenos cociñeiros...":




Agora somos nos os que temos que cociñar: cada un escolle un ingrediente para facer unha nova ensalada. Cada ingrediente conleva un paso de baile que deberán inventar.


E todos repetirmos o paso de cada ingrediente e o nome ao mesmo tempo. Nesta imaxe están a representar a leituga cos brazos.
Ata a próxima, que imos continuar con "O sabor da aventura está no mar"