viernes, 31 de marzo de 2023

A PRIMAVERA

Deixamos un ritmograma que fixemos esta semana da Primavera "La Primavera de Antonio Vivaldi", para que poidades facelo en familia, e traballar a intesidade do son "Forte / suave":

Disfrutade das vacacións e vémonos á volta con máis música!!!!

miércoles, 22 de marzo de 2023

CROMUÑON E O TAMBOR PIRULETA

Bos días esta semana estivemos facendo moita percusión corporal, así que acompañamos o seguinte conto de Cromuñón como se indica no vídeo (podedes facelo na casa):
 
 
 
E despois coñecimos un instrumento novo: o tambor piruleta co que fixemos dous sons diferentes (no centro e no mango) e todos xuntos acompañamos a música do Te Deum de Charpentier cos sons practicados:
 







 

viernes, 17 de marzo de 2023

OS CAZA SONS

Bos días!!! Seguimos traballando a prehistoria, neste caso, imos discriminar os sons de 5 instrumentos prehistóricos que vimos durante o trimestre (tambor de tronco, axóuxere de cunchas, xilófono de ósos, frautas de ósos e pau de chuvia).


Puxémonos por equipos para xogar a cazar sons (cando soe un dos instrumentos das ilustracións, temos que cazalos cos nosos "caza sons"):












 

lunes, 13 de marzo de 2023

DO RE MI

Bos días musicones!!! Hoxe coñecimos ás amigas de Troglón, chámanse DO, RE e MI e ensinounos a súa casiña !! 
Xogamos coas campanas e as metalonotas DO, RE e MI. E cantamos a seguinte canción, tocando e sinalando as notas na súa casiña:
"Tengo tres peldaños, para subir, son las notas DO, RE MI, cuando me canse con esta canción bajaré MI, RE DO"











 
E xogamos a colocarnos no lugar correspondente das notas que soan!!!


Agora por parellas:

E por último representamos as notas como os nosos prehistóricos encorvados ata quedar erguidos:

 

viernes, 10 de marzo de 2023

VASO VASIÑO

Bos días!!! Hoxe descubrimos moitos sons cun simple vasiño de iogurt!! Cantamos levando o pulso a seguinte canción:
"Vaso vasiño, bate amodiño tirolirolón, tiroliroliño"
E xogamos coa velocidade do son:
 

 

viernes, 3 de marzo de 2023

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS

Esta vez os nosos musicones descubriron que con cunchas de mariscos moi ricos, pódese facer un intrumento musical así como facían os nosos antepasados prehistóricos:




Tamén construimos coas nosas mans unha maraca feita con mateiral de refugallo e lentellas (as sementes que fan que os bebibles sonen). Tocamos e xogamos coas instensidades do son: