viernes, 10 de febrero de 2023

A INTENSIDADE CRONIÑONA E O SEU MAMUT

Musicones imos a traballar a intesidade do son coa nosa amiga CRONIÑONA e a súa mascota o mamut. A nena pisa moi suave e o mamut moi forte e así mesmo o fixemos nos cos nosos pes. Logo coñecimos as caixas chinesas e os temple blocks para traballar esa intensidade. Aprendimos que están feitos de madeira, material sacado das árbores, a técnica e os seus sons diferentes: agudos, graves, fortes e suaves.

 



 







miércoles, 1 de febrero de 2023

A PAZ E OS INSTRUMENTOS PREHISTÓRICOS

Bos días musicones, esta semana adicámola á paz, cantando e bailando a seguinte canción da prehistoria “De colores” (cada neno cunha cor diferente na man)

                        

Despois vimos como facían as frautas os nosos antepasados prehistóricos e escoitamos os seus sons: 

Aquí un exemplo das flautas feitas con ósos:


E por útlimo escoitamos os sons dos seguintes instrumentos e vimos de que están feitos para logo discriminalos e adiviñar cal soa:

E tocamos o pau de chuvia, un dos que saen na folla anterior, e recordamos que está cheo de pedras e semillas: