viernes, 27 de enero de 2017

A PAZ COS FRUITIS

Bos días músicos!!!!!!! Aproveitando que xa chega o día da Paz, cantamos e bailamos cos fruitis (un grupo de amigos que aínda que son diferentes están sempre moi unidos):


 Fixemos catro grupos de diferentes cores, destacados con gomets e bailamos a canción:

          

Despois cada un de nós convertímonos na nosa froita preferida e pegamos os pés ao fruteiro (tiñamos que mover, a ritmo de pandeiro, todo o corpo menos os pés!!! era un pouco complicado pero había que esforzarse porque se despegábamos os pés do fruteiro, nos comerían!!! Ñam,Ñam...)

  
Foi moi divertido!!!!!!

miércoles, 18 de enero de 2017

O RITMO DOS ALIMENTOS E O BAILE DAS FROITAS

Bos días musicones!!!!! hoxe volveu a mazá amarela para ensinarnos máis cousiñas sobre comer sá. Primeiro xogamos co ritmo dos alimentos (percusión corporal: palmas e pés), e tróuxonos tamén instrumentos galegos para ver e aprender:


Nesta actividade, os alimentos máis grandes os percutimos con palmada de lado percorrendo coas mans xuntas poriba da cabeza, os alimentos dobres pequenos, dous golpes cos pés, e un alimento só unha palmada. COIDADO NON TE EQUIVOQUES!!! A VER SE O PODES LER TI TODO SEGUIDO!!!




Despois observamos algúns instrumentos galegos (coñecimos algúns novos, como o Charrasco ou as Tarrañolas):


Porqué nos ensinou a Mazá todos estos instrumentos? para realizar a seguinte ficha:



E para finalizar, bailamos o baile das froitas: 




Qué divertido!!!! ES NO ES EL BAILE DE LA FRUTA, ES NO ES....

lunes, 9 de enero de 2017

A MAZÁ AMARELA E OS SEUS AMIGOS

Bos días musicones!!!!!! 
Comezamos o segundo trimestre recordando quén era a mascota de SOL e de MI (a mazá amarela) para xogar logo con ela e os seus amigos (outras froitas), levando o ritmo segundo corresponda:

Debuxamos no encerado o ritmo que deben facer: a mazá amarela (1 palmada dicindo TA) e as cereixas (2 palmadas dicindo TI TI). 

Lemos as secuencias rítmicas coas consignas anteriores e xogamos a adiviñar cal das tres está a percutir o compañeiro:




 

miércoles, 4 de enero de 2017

BAILAMOS CON SOL E MI UNHA MUIÑEIRA NO NADAL

Antes de comezar as vacación de Nadal fixemos unha festa, onde todos participamos no festival. E como estivemos ensaiando nas clases de música con SOL e con MI unha Muiñeira, xuntámonos todas as escolas no escenario para bailar a "Muiñeira en Nadal":