Bos días musicones!!! e benvidos da volta de Nadal!! Comezamos cun novo trimestre cargado de animais salvaxes, así que fixemos unha orquestra de animais (cada un co seu son respetando o silencio). Foi divertido!! Seguidamente xogamos co noso gran instrumento: o corpo (palmas, muslos e pes, de forma individual e fixémolo máis dificil, tocando de forma simultánea.
Foi unha pequena preparación para bailar a danza africana dos animais da sabana:
Intentade na casa recordar o baile africano. Déixovos unha pista de como inicia:
EO: 2 MUSLOS
OA: 2 MUSLOS
EO: 2 MUSLOS
A-FRI-CA: 3 PALMADAS
Vémonos na seguinte sesión!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario