miércoles, 27 de octubre de 2021

OS MEDIOS DE TRANSPORTE

 Bos días musicones imos coller diferentes medios de transporte para chegar ao próximo destino (ruta da frecha vermella): LONDRES


Collimos moitos medios de transporte, e por suposto ao ritmo da música:

TREN


BARCO


BICICLETA



AVIÓN

Seguidamente, xogamos coa flauta de émbolo (sons agudos e sons suaves): arriba ou abaixo segundo voamos polo aire ou imos por mar ou por terra:

 
E por último, cantamos, acompañamos e xogamos coa canción "había una vez un avión":




E para aqueles que na casa queiran xogar cos medios de transporte, podedes facer o tren da alegría (CHIQUI- salto hacia diante e CHACA- salto hacia atrás):


E por fiiiiiiiiiin!!!!!!! chegamos a LONDRES!!!! Na próxima sesión coñeceremos a música inglesa!!!! así que acompáñanos!!!



miércoles, 13 de octubre de 2021

ESPAÑA

 Bos días musicones esta semana comezamos a longa viaxe que durará todo o curso. Imos dar a volta o mundo en 80 días. E para iso coñecemos a TICO a nosa mascota musical de este ano: é un hamster que reside en España o noso país, a súa particulariedade é que sabe moito de música e el encargarase de ensinarnos a música de todos os países e zonas que imos coñecer. 


Así que presentouse, coñeceu a todos os nenos e comezou por ensinarnos a música española, o nosos país, antes de comezar a viaxe, vendo a localización no mapa:


Ahí vivimos, no puntiño vermello, e neste mapa podemos ver a ruta do viaxe e as paradas que imos realizar.

INSTRUMENTOS ESPAÑOIS MÁIS COÑECIDOS:
A guitarra española e as castañolas (escoitamos primeiro o seu son e adiviñamos de qué instrumento se trataba)



 

Facemos a mímica dos instrumentos como se estivesemos tocando e logo exploramos e tocamos as castañolas con mango:







Seguidamente Tico ensinounos pasos básicos de danza española:

 "Pican los mosquitos: tres palmas a un lado e a outro"
"Paso elemental:  brazos na cintura movemento de cadera un a un lado movemento dous a outro lado"
"Paso de torero: OLEEE"


 "Movemento xiro de bonecas: collo a mazá a como a tiro e a piso"

Despois vimos e bailamos os pasos básicos no seguinte video:


E logo fixemos nós en corro a danza española:


E para rematar a sesión, fixemos un xogo de movemento: seguimos as músicas clásicas lentas e rápidas con pasos (caminar lento, normal ou correr) pero cando escoitásemos o son da castañola, tiñamos que dar unha volta con xiros de bonecas no alto.

Foi moi divertido sobre todo cando as músicas eran rápidas!!!!
OLEEE OLEEEE ata a seguinte musicones!!!!!