viernes, 27 de noviembre de 2020

CASCUDAS E ESCARAVELLOS

Bos días musicones, nesta xornada tócalles o turno as cacudas e os escaravellos!!! bailamos por parellas, soltos e a pata coxa ao ritmo da canción "la cucaracha ya no puede caminar":



Seguidamente tocamos as maracas como o escaravello e bailamos con el:





Volvemos pronto con outro insecto!!! cal será?

viernes, 20 de noviembre de 2020

OS SALTAMONTES

 Bos días musicones!!! seguimos investigando os insectos, e neste caso convertímonos en saltamontes!! Foi moi divertido!!! A ritmo de pandeiro saltamos moi alto!!


Despois bailamos a danza da cruz, unha danza en roda chea de saltos ao ritmo da música!!

Contando as patas do saltamontes démonos conta que coincide co número de cordas que ten unha guitarra (española ou eléctrica) e escoitamos o seu son:



E tocamos todos ao son delas:


Así puidemos bailar e acompañar á cigarra guitarra (a amiga do saltamontes):


Os pequenos saltamontes tamén fan concertos con panteiretas e xogan a ser directores:




E para finalizar, relaxámonos coas patiñas hacia arriba, escoitando a música do saltamontes:


Ata a seguinte sesión musicones!!! volvemos pronto con outro insecto. Cál será? estade atentos!!!




viernes, 13 de noviembre de 2020

SOMOS FORMIGAS

 Bos días musicones!!!  Nesta ocasión convertímonos en formiguiñas moi traballadoras, sabemos formar filas co son da campá e camiñar sen chocar ao ritmo de pandeiro como formigas de verdade:



Tamén cantamos "Fun ao mercado", bailamos e acompañamos coas nosas pandeiretas:








Foi moi divertido!!!! Cal será o seguinte bicho que vai vir a clase de música?...

lunes, 9 de noviembre de 2020

DANZA DA TARANTELLA

 Seguimos indagando sobre as arañas, musicalmente falando, así que nesta xornada convertímonos en tarántulas e disfrutamos bailando a danza da tarantella (danza italiana), simulando que somos tarántulas:



As arañas aprenderon a relaxar ás "oito patas" con baibens lentos ao ritmo da música da entrada anterior:


Seguiremos nos próximos días con novos bichiños aos que lles encanta a música!!!!!

Ata a próxima!!!!

miércoles, 4 de noviembre de 2020

SOMOS ARAÑAS

 Benvidos ao novo curso musical!!!! este ano ven cagadiño de animais de todo tipo. Imos empezar cos máis diminutos: os bichos!!!!

Escoitamos, como introducción a este fascinante mundo da bichería, a música de Albert Roussel "El festín de las arañas":