miércoles, 30 de noviembre de 2022

SUMÉRXETE NO MAR

Seguimos traballando sobre o Plan Proxecta, pero nos sempre dende a nosa especialidade: A música!!!

                              


Xogamos co peixe e coa alga: unha palmada e dicimos PEZ e dúas palmadas e dicimos AL-GA co golpes das súas sílabas. Atentos porque se vemos o peixe ou a alga debemos de percutir segundo as súas sílabas.
Unha vez interiorizado os golpes de voz, pasamos á partitura:

                                 


Agora collemos os intrumentos musicais traballados e coñecidos en outras sesións (pau de chuvia, triángulo e cascabeis) e acompañamos "Acuario" de Tchaicovsky:


















Cada un estivemos moi atentos para saber cando entrar e comezar a tocar sumerxidos no fondo do mar.










lunes, 21 de noviembre de 2022

A PESCA DOS DINOSAURIOS

Bos días musicones continuamos traballando cos dinosaurios pero esta vez, veñen xogar á pesca dos alimentos marinos:


 
Había que estar cos oídos ven abertos, porque só podiamos pescar co son dos cascabeis:




 Esparcimos por toda a clase os peixiños e camiñamos ao ritmo de pandeiro. Cando soaran os cascabeis, teníamos que pescar!!! Foi moi divertido!!!



AGUDOS E GRAVES COS DINOSAURIOS

Bos días musicones para traballar os sons agudos e graves xogamos cos dinosaurios e representamos co noso propio corpo os sons coa frauta de émbolo:



viernes, 11 de noviembre de 2022

FORTES E SUAVES II

Continuamos musicones xogando con sons fortes e sons suaves!!!! axúdannos os dinosaurios!!!

Facemos orquestras e acompañamos con percusión corporal (palmadas fuertes y palmadas suaves con dos dedos):

Cantamos e bailamos a canción "Dinosaurio quiero ser":

E seguimos o ritmograma:


Para finalizar, cantamos, xogamos e bailamos co "rock do dinosaurio":




viernes, 4 de noviembre de 2022

FORTES E SUAVES

Bos días musicones arrancamos a semana traballando cos sons Fortes e sons suaves a través de múltiples xogos:

-Pisadas de Dinosaurio ou de nenos como Troglón:

- A través das formas xeométricas segundo o escoitado, co atrapa sons, cazamos sons fortes ou sons suaves:

-Representamos no papel, para logo reproducir, os sons: