viernes, 16 de marzo de 2018

A GRANXA MUSICAL

Bos días aquí estamos de novo con máis animais musicais!!!
Esta semana traballamos o ritmo con percusión corporal (pitos, palmas, rodillas e pes) facendo relación ao coidado das mascotas e outros animais de granxa. Sabes facer as anomatopeias como facemos nos?




Foi moi divertido porque convertémonos en animais para dramatizar a canción!!!

Despois xogamos ao xogo da granxa: cada un é un animal de granxa e debe facer o seu son cando escoitemos a palabra "GRANXA", así mesmo debemos estar durmidos e en silencio cando escoitemos a palabra "NOITE"


Ata a próxima!!!!

viernes, 9 de marzo de 2018

OS MÚSICOS DE BREMEN

Estamos de volta musicones!!! Seguimos co noso voluntariado, e neste caso cos animais. Estivemos visualizando o conto dos Músicos de Bremen, que trata de animais abandonados e para o fomento do "NON ABANDONO", fixemos moitos xogos e bailes musicais, xa que o gato, o perro o burro e o galo formaron unha gran banda:



Na danza seguinte, todos somos unha mascota, e como tal debemos ser coidadas e mimadas, e para iso coa música da "Danza Holandesa", xogamos a bailar e imitar, ao ritmo de palmas, aos compañeiros para que os nosos donos non nos abandonen e sepan cómo coidarnos:


 

e que divertido foi cantar e bailar "Perro Amigo"







Tamén supemos adiviñar os sons dos animais só con esoitalos!!!

jueves, 1 de marzo de 2018

EL VALS DE LAS FLORES



Benvidos de novo!!! Esta semana, como voluntarios que somos, traballamos coidando as plantas dun xeito moi especial:


Seguimos o musicograma coa música "El vals de las flores" de Tchaikovsky, compositor que xa coñecemos en anteriores sesións.




Despois dramatizamos o conto:


Desde o crecemento das flores ata o baile de Vals.


Pronto volveremos con máis voluntariado miúdo!!!! 

Deica logo musicones!!!