viernes, 23 de abril de 2021

A RAÍÑA BERENGUELA E O SEU CAN

 Érase unha vez unha raíña que vivía nun castelo co seu canciño. Ela era moi presumida e el era moi traballador barría a casa co rabiño e fregaba os platos co seu hocico:

Seguimos o ritmo con palmas e facemos os xestos, pero antes lemos figuras musicais que coñecemos e facemos o xogo das adiviñas:
Logo acompañamos con panderetas e cos xestos:



E para rematar, convertémonos no canciño da raíña para facer percusión corporal improvisada dirixida por un director de orquestra (imos rotando para que todos sexan o director):



Ata a seguinte musicones!!!


martes, 13 de abril de 2021

ANIMAIS DOMÉSTICOS

 Bos días musicones, comezamos o trimestre recordando animais da selva, da sabana e os seus sons, e facendo unha orquestra salvaxe con obxectos de aula:


Despois de ser expertos salvaxes, metémonos nas granxas para visualizar os animais domésticos, en especial na granxa do meu tío:


Pensamos en animais domésticos e convertímonos nun deles para formar unha granxa de verdade e xogar cos seus sons e danzar improvisadamente ao ritmo da música "DANZA HOLANDESA Minoesjka:


Fixemos tamén unha orquesta de granxa. Cando saía o
sol, os animais de granxa falan cos seus  correspondentes sons, cando vían a lúa quedaban caladiños. Pero non era tan fácil como parece porque podía pasar o granxeiro a darlle de comer a algún animal e tiñamos que estar atentos para saber responderlle cos sons. 

Vémonos na próxima para convertirnos en algún animal doméstico!!!!