viernes, 17 de diciembre de 2021

ITALIA III

 Rematamos xa en Italia e despedímonos da mellor maneira!!! Percutimos co instrumento co que traballamos case todo o trimestre, polo que somos xa uns expertos. e onde aparecen as caixas cheas damos saltos e nas caixas baleiras agochámonos. Atentos porque tamén temos que xirar e xirar mentres o noso instrumento para de soar:


"A danza das horas", tema composto por Ponchielli, un compositor Italiano coñecido polo seu gran éxito operístico "La Gioconda". 









Así finalizamos a estancia en Italia e emprendemos de novo a viaxe, e antes de embarcar, imos a festexar o Nadal polo río. Primeiro aprendimos a tocar un novo instrumento: a pandereta. E todos xuntos acompañamos a panxoliña!!!















No hay comentarios:

Publicar un comentario