miércoles, 8 de diciembre de 2021

ITALIA I

 Bos días musicones!!! continuamos coa viaxe, e facemos a seguinte parada en Italia!!!

O primeiro foi coñecer os instrumentos más empregados e coñecidos do país. Escoitamos, vemos e facemos que tocamos cando por fin adiviñamos de qué instrumentos se trataban:

Piano, violín e mandolina.

Seguidamente límos o conto musicado de Paco e Vivaldi. Compositor Italiano máis coñecido do País, onde podemos escoitar as súas músicas, entre elas  "As catro estacións". Como estamos no outono, escoitamos e representamos o musicograma do "Outono" de Vivaldi:

Cando aparece o esquío grande tocamos forte (plamadas) cando aprece o pequeno, tocamos suave (con dous dediños sobre a palma de man). Cando aparece a nube facemos que sopramos e cando sae a choiva cos brazos de arriba abaixo a representamos ao ritmo da música e percutimos logo cos pés cando aparecen os rapaces chapoteando nos charcos formados.








Continuamos coa danza máis coñecida: A Tarantella.





  Foi moi divertido!!! continuamos o próximo día en Italia!!!

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario