miércoles, 3 de noviembre de 2021
INGLATERRA (LONDRES)
Bos días musicones!!! despois de viaxar en tantos medios de transporte, por fin chegamos a Londres (Inglaterra). O primeiro que coñecimos foi os seus instrumentos máis empregados ou típicos do País. Escoitamos o seus sons e adiviñamos cales eran: o violín e a gaita inglesa.
Seguidamente escoitamos a un grupo de rock mundialmente coñecidos que residen en Londres: QUEEN e o seu single máis escoitado, a través dunha gotiña de auga (necesaria nas nosas vidas)
Acompañamos con percusión corporal e con claves o ritmo da canción rockera de Queen (we will rock you)
Despois coñecimos as danzas tradicionais inglesas, que danzan con paus, espadas ou pañuelos, e fixemos unha cos pasos máis sinxelos:
Despois fixemos moitos xogos musicais de pantasmas: danzas de fantasmas seguindo o ritmo e quedando como estatuas cando a música deixa de soar. E escoitando a flauta de émbolo fixemos un tren de pantasmas con sons agudos avanza o tren con sons graves por debaixo dun túnel.
E para finalizar a estancia en Londres, a modo de relaxación escoitamos GREENSLEEVES (canción mundiamente coñecida tamén de Inglaterra, a canción que máis versións ten)
Próxima parada FRANCIA (PARÍS)!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario