miércoles, 2 de junio de 2021

A ORQUESTA TUTTI E SOLO

Bos días musicones!!! seguimos coa nosa música e cos animais domésticos. Para iso hoxe vimos o conto musical: Paco e a orquesta, a través do cal puidemos entender o significado musical SOLO (un solo de, por exemplo, frauta, significa que ela vai ser a protagonista da orquesta) e TUTTI (todos os instrumentos son os protagonistas)



Seguidamente xogamos á orquesta como fixo Paco, facendo solos e Tuttis:

Aquí temos dentro da orquestra, un SOLO de triángulo;

aquí un SOLO de pandeiro;


 aquí un SOLO de maracas

e un TUTTI:


 



Vídeo cortiño da orquestra:


Anímaste na casa a facer unha? recorda o significado de SOLO e TUTTI!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario