Continuamos a sesión anterior, e comezamos coa lectura dun conto musical de animais domésticos:
Os protagonistas son un can e un gato que tocan instrumentos e os seus amigos son animais de granxa que tamén saben música e todos xuntos forman unha orquestra, coma facemos nós.
Aprendemos baile e estribillo da seguinte canción:
E estivemos moi áxiles para facelo igual que os gatos e os cans, xa que a canción é moi rápida!!!
En cadea subimos e baixamos ao ritmo e seguidamente imos facendo circuito por debaixo das mans dos compañeiros en zigzag o máis rápido posible antes de que volva a comezar o estribillo!!
Preparados para xogar!!! neste caso fixemos unha carreira de cans e gatos!! Os cans avanzan co son da castañola e os gatos ao son dos cascabeis!!
Finalizamos cunha orquestra de cans e gatos traballando sons Fortes e sons suaves!!
Deica a próxima musicones!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario