Bos días musicones, comezamos o trimestre recordando animais da selva, da sabana e os seus sons, e facendo unha orquestra salvaxe con obxectos de aula:
Despois de ser expertos salvaxes, metémonos nas granxas para visualizar os animais domésticos, en especial na granxa do meu tío:
Fixemos tamén unha orquesta de granxa. Cando saía o
sol, os animais de granxa falan cos seus correspondentes sons, cando vían a lúa quedaban caladiños. Pero non era tan fácil como parece porque podía pasar o granxeiro a darlle de comer a algún animal e tiñamos que estar atentos para saber responderlle cos sons.
Vémonos na próxima para convertirnos en algún animal doméstico!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario