jueves, 7 de mayo de 2020

CONMEMORACIÓN LETRAS GALEGAS


Ola familias!
Como non podía ser doutra maneira, este ano tamén celebramos o día das letras galegas, pero dun xeito diferente, dende as nosas casas.
Todo o profesorado do CRA queremos compartir ese día con vós mediante un reto.
A idea é montar un vídeo musical no que saiamos tod@s e facervos pasar un rato divertido . A proposta consiste en gravarse en familia imitando a un  grupo musical; tendo en conta que a temática ten que ver coa celebración das letras galegas, a canción que imos bailar será a de "Adiós ríos adiós fontes"( Rosalía de Castro) nunha versión pouco usual pero igualmente atractiva.
Dende o voso confinamento podedes sair bailando, facendo que tocades algún instrumento ou vestidos para a ocasión, cada familia que faga uso da súa creatividade.
É moi importante que as gravacións que vaiades a enviar non excedan dun minuto e que non se oia a músiva de fondo nen voces (a música irá cando estea o vídeo de todos montado)
Animádevos! Tedes ata o xoves 14 para enviar as vosas propostas as respectivas titoras ou ao seguinte correo: musica.craderibadumia@gmail.com 

AQUÍ VAI O ENLACE PARA VISUALIZAR O VÍDEO: https://www.youtube.com/watch?v=UCk-Judop0I

                       

No hay comentarios:

Publicar un comentario