miércoles, 27 de marzo de 2019

MÚSICA COAS OLAS DO MAR

Benvidos de novo, hoxe continuamos cun xogo de "Aliméntate ben", na que cada un deberá escoller un ingrediente para a elaboración musical dunha ensalada. Pero neste caso, faremos unha ensalada mariña soamente con productos do mar. Así que todos pensamos nun, e por suposto nun paso de baile. Facemos un círculo simulando o prato da ensalada: o xogo consistiu en memorizar os ingredientes que imos dicindo cos seus pasos correspondentes (atún, palitos de cangrexo, algas, gambas, etc.) e bailar cando corresponda o paso correcto:





Pensamos cómo soan as olas do mar, escoitámolas e vemos un dato curioso, e é que as olas non se xuntan unhas con outras, así que con vasos fixemos como elas: levamos todos o mesmo ritmo (un, dous, tres, paso o vaso) pasándonos o vaso. Sabemos se o estamos a facer ben,  porque igual cas olas, non se poden xuntar:



Era moi difícil!!!! necesitamos moita concentración para seguir o ritmo!!! unha vez dominado, entre todos fixemos unha torre de vasos sen movernos do sitio. Foi moi divertido este traballo en grupo!!!
Ata a próxima!!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario