viernes, 22 de febrero de 2019

TAM TAM CIRCENSE

Musicones durante un par de semanas estivemos facendo un obradoiro de instrumentos musicais, e o seleccionado foi o tambor de mano (tam tam) así que puxémonos mans á obra:

-Primeiro pintamos a caixa de queixiños das cores da carpa do circo:
 

-Segundo decoramos con pegatinas de estreliñas:



-Terceiro, colocamos as bolas na lá e colocamos o mango, pechamos a caixiña e este foi o resultado:




Agora xa o podemos facer sonar!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario