miércoles, 28 de febrero de 2018

A CASA DE SABELA

Bos días!!!! volvemos con Sabela, pero esta vez coñecemos a súa casa e adiviñamos os sons que producen os obxectos do seu baño, da súa cociña e do seu dormitorio:


Despois indagamos nós os sons que podemos producir cos obxectos da cociniña da nosa clase para formar unha orquestra facendo cada un o son que descubriu:

Ademais escoitamos "El reloj sincopado" de Leroy Anderson, que é o reloxo que ten Sabela na súa casa:


E logo dramatizamos a música como se fósemos reloxos e engadimos percusión corporal ao ritmo:


Tic, tac, tic, tac, Sabela rodéase de música por todos os ricunchos da súa casa!!! E a nós encántanos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario