miércoles, 30 de noviembre de 2016

SOL E MI SABEN ALIMENTARSE BEN

Bos días musicones!!!!! hoxe volveron SOL e MI para que nos os colocásemos na súa casiña e no seu piso correspondente. Parece que todos nos acordábamos do seu piso!!!!

Seguidamente, desde a súa casiña nos amosaron a súa mascota, que aparece camuflada na pirámide dos alimentos:
A ver se consegues ver ti algunha entre todos os alimentos!!!! quen pode ser a mascota de SOL e MI? atopáchela?
É a mazá amarela!!! que ensinoulle a SOL e MI a alimentarse ben, e veu tamén a xunto de nos para traballar os alimentos con ela!!!! cantamos a canción da "Mazá amarela" e xogamos con ela:


A canción:

"Grazas a mazá xa sei comer mellor
e pouquiño a pouco sabe todo mellor

Collemos a leituga, o tomate e a cebola,
facemos un aliño xa verás que sae boa.

Froitas e verduras temos que comer
e moito pescado para poder crecer.

Hoxe nos toca comer peixe espada,
aínda que non guste e tan bo como a ensalada.

Froitas e verduras temos que comer
e moito pescado para poder crecer."

Letra: Olalla Reboredo paz
Música inspirada na canción dos oficios de Teresa Rabal 

O xogo: acompañamos a canción con percusión corporal e moi atentos cada un levanta a tarxeta do alimento correspondente no momento preciso. O que non esté atento, queda sen tarxeta e empregará o seu corpo para facer o acompañamento.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario