miércoles, 9 de noviembre de 2016

COÑECEMOS A SOL E MI POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

Bos días musicones!!!!! 
Aproveitando que estamos co proxecto de centro "O camiño de Santiago", hoxe coñecimos a dous rapaces galegos (Marisol e Miguel) que saben tocar moitos instrumentos musicais propios da nosa terra "Galicia", e veñen a ensinarnos moitas cousiñas como instrumentos, bailes populares galegos e moitas cancións. Mentres facían o camiño cara Santiago de Compostela, pararon polo CRA de Ribadumia con ganas de coñecernos e traernos moita cultura. E parece que quedarán aquí con nós por un tempo. 


Aínda que chámanse Marisol e Miguel, eles preséntanse como SOL e MI. Nos amosaron a pandeireta e a gaita así como os seus sons:


E para rematar, visualizamos, escoitamos e cantamos "A saia da Carolina" (canción popular galega) co seguinte visionado onde se amosan ilustracións galegas:


Foi moi interesante, porque logo cantamos e bailamos "A saia da Carolina" todos xuntos.

Ata a seguinte musicones!!!! a ver con que nos sorprenden SOL e MI!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario