


Tocamos o pandeirosimulando as pisadas fortes dos grandes dinosaurios
Representamos con percusión corporal as pisadas de dinosaurios e de nenos coma nos e coma Troglón
E aprendimos tamén a dirixir como se fosemos grandes directores de orquesta
Xa expertos en sons fortes e suaves, e aproveitando que estamos no outono, dramatizamos co noso corpo os sons fortes e suaves seguindo os esquíos e as diferentes climatoloxías que aparecen no seguinte vídeo ( podedes facelo en familia) “O outono” de Antonio Vivaldi:
Bos días musicones!!! Este curso imos traballar no proxecto de centro “A prehistoria”, así que veu a xunta nós un troglodita chamado Troglón, que vainos ensinar todo sobre a música de antes (cos dinosaurios) e desde que el naceu. Hoxe vai presentarnos a sua familia, e coñecer un pouquiño sobre cómo vivían.
E Despois cantamos a canción de Troglón:
“Troglón é un moneco
Da era que pasou que pasou
E ven xunto de nós
A ensinarnos moitos sons, moitos sons”
Seguidamente acompañamos a súa canción con pandeiretas