Seguimos traballando O outono e acompañamos a canción do vento con palmas, sopridos e coa caixa chinesa (aprendimos a técnica de agarre e os diferentes sons que producen)
miércoles, 11 de octubre de 2023
AS FOLLAS DO OUTONO
Nesta sesión traballamos a través do movemento os sons agudos e os sons graves escoitando a flauta de émbolo. Despois xogamos ás follas do outono que voan co vento: ás veces van moi altas (agudo) e ás veces moi baixas (grave). A través do movemento similamos ser esas folliñas.
viernes, 29 de septiembre de 2023
DISCRIMINACIÓN AUDITIVA
Nesta actividade aprendemos a escoitar e a centrar a nosa atención nos sons (vento, chuvia e lóstregos) e co noso atrapasons cazamos a imaxe que corresponde a o escoitado:
miércoles, 27 de septiembre de 2023
O OUTONO
Bos días!!! esta semana comezou o outono e comezamos a buscar as nosas posibilidades do noso corpo con movementos e producindo sons:
-Bailamos con xestos corporais a canción do outono
- Exploramos os sons que pode producir o noso corpo imitando as diferentes climatoloxías.
-Coñecemos a Vivaldi o compositor das estacións do ano a través de Mickey Mouse, como actividade de escoita activa e relaxación:
miércoles, 20 de septiembre de 2023
COÑECENDO Á CADELIÑA MAX
Arrancamos musicones coñecendo á cadeliña Max que acompañaranos durante todo o curso nas nosas clases musicais!!! Con ela, ademáis de danzas, cantos e prática instrumental, descubriremos tamén ás mulleres máis importantes da nosa historia musical!!!
martes, 27 de junio de 2023
FIN DE CURSO
Con moita lástima, chegamos ao final do noso proxecto e por iso na festa de fin de curso representamos a través de percusión, a música dos nosos prehistóricos!!!
FELIZ VERANO!!!!
VÉMONOS Á VOLTA DAS VACACIÓNS!!!
viernes, 19 de mayo de 2023
Edu-saude musical
En todas as actividades musicais contribuimos ao traballo de Edusaúde. O primero instrumento musical co que contamos é o noso corpo. Así xogamos con ritmo (percusión corporal e instrumentos de pequena percusión) e movemento:

Tamén traballamos a reciclaxe (pesca: desechamos o lixo do mar e pescamos o natural) con sons de instrumentos musicais e construcción de instrumentos con material de refugallo:
Tamén dramatizamos musicogramas, por exemplo. "El vals de las flores" de Tchaicovsky:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







































