Bos días!!!! volvemos con Sabela, pero esta vez coñecemos a súa casa e adiviñamos os sons que producen os obxectos do seu baño, da súa cociña e do seu dormitorio:
Despois indagamos nós os sons que podemos producir cos obxectos da cociniña da nosa clase para formar unha orquestra facendo cada un o son que descubriu:
Ademais escoitamos "El reloj sincopado" de Leroy Anderson, que é o reloxo que ten Sabela na súa casa:
E logo dramatizamos a música como se fósemos reloxos e engadimos percusión corporal ao ritmo: