Bos días músicos!!!!!!!Aproveitando que xa chega o día da Paz, cantamos e bailamos cos fruitis (un grupo de amigos que aínda que son diferentes están sempre moi unidos):
Fixemos catro grupos de diferentes cores, destacados con gomets e bailamos a canción:
Despois cada un de nós convertímonos na nosa froita preferida e pegamos os pés ao fruteiro (tiñamos que mover, a ritmo de pandeiro, todo o corpo menos os pés!!! era un pouco complicado pero había que esforzarse porque se despegábamos os pés do fruteiro, nos comerían!!! Ñam,Ñam...)
Bos días musicones!!!!! hoxe volveu a mazá amarela para ensinarnos máis cousiñas sobre comer sá. Primeiro xogamos co ritmo dos alimentos (percusión corporal: palmas e pés), e tróuxonos tamén instrumentos galegos para ver e aprender:
Nesta actividade, os alimentos máis grandes os percutimos con palmada de lado percorrendo coas mans xuntas poriba da cabeza, os alimentos dobres pequenos, dous golpes cos pés, e un alimento só unha palmada. COIDADO NON TE EQUIVOQUES!!! A VER SE O PODES LER TI TODO SEGUIDO!!!
Despois observamos algúns instrumentos galegos (coñecimos algúns novos, como o Charrasco ou as Tarrañolas):
Porqué nos ensinou a Mazá todos estos instrumentos? para realizar a seguinte ficha:
E para finalizar, bailamos o baile das froitas:
Qué divertido!!!! ES NO ES EL BAILE DE LA FRUTA, ES NO ES....
Bos días musicones!!!!!! Comezamos o segundo trimestre recordando quén era a mascota de SOL e de MI (a mazá amarela) para xogar logo con ela e os seus amigos (outras froitas), levando o ritmo segundo corresponda:
Debuxamos no encerado o ritmo que deben facer: a mazá amarela (1 palmada dicindo TA) e as cereixas (2 palmadas dicindo TI TI).
Lemos as secuencias rítmicas coas consignas anteriores e xogamos a adiviñar cal das tres está a percutir o compañeiro:
Antes de comezar as vacación de Nadal fixemos unha festa, onde todos participamos no festival. E como estivemos ensaiando nas clases de música con SOL e con MI unha Muiñeira, xuntámonos todas as escolas no escenario para bailar a "Muiñeira en Nadal":