viernes, 25 de marzo de 2022

FROITAS E VERDURAS

Nesta sesión imos rumbo á China, coñecendo pola ruta, as diferentes froitas e verduras saudables para ser os máis sans e os máis fortes do mundo mundial. Por iso fixemos unha canción que cantamos e bailamos como grandes compositores!!! Canción basada no conto: a rebelión das verduras. E Tico a nosa mascota, axudounos a transmitirllo a todos os nenos do mundo!!!

Canción froitas e verduras 


(Bis) Aliméntate ben 

Queremos crecer

Grazas as verduras e as froitas tamen 


1 Esta é a historia das Froitas e verduras que estaban anoxadas cos rapaces que as odiaban


(Bis)Aliméntate ben…


2 Había unha vez unha verdura fresca que cansouse de esperar a que os nenos a comeran


(Bis)Aliméntate ben…


3 Había unha vez un tomate vermelliño o que sempre rexeitaban as meniñas e os meniños


(Bis 1) Aliméntate ben…


4 Había unha vez un gustoso repolo pero estaba enfadado porque o miraban de reollo.


(Bis) Aliméntate ben…


5 Os nenos e as nenas cambiaron de opinión cando as probaron foi a revolución.


(Bis 2) Aliméntate ben…


6 A partir de agora, rapaces e rapazas seran os mais sans e os mais fortes da comarca.


3 Aliméntate ben

Fai caso está vez

Os nenos e as nenas queremos crecer


(Bis) Aliméntate ben 

Queremos crecer

Grazas as verduras e as froitas tamén


(Autores da letra: os nenos do Cra de Ribadumia e a mestra de música)


Seguidamente xogamos a un xogo musical das froitas e das verduras. Primeiro escoitamos os diferentes sons das campas (grave - agudo)!! 



 




Pero non sen antes atopar as diferencias entre as dúas:


                             



E xogamos a uns xogos musicais de discriminación converténdonos en froitas ou en verduras segundo escoitamos as campás:




lunes, 7 de marzo de 2022

A INDIA

Por fin chegamos á India, aquí descubrimos os instrumentos típicos e os movementos da danza:

 FLAUTA DA INDIA (Nadaswaram)

 GUITARRA DA INDIA (Sitar)

TAMBOR DA INDIA (Tabla)



Pronto descubrimos que cada instrumento da India ten a súa familia!!! Atención pero non só os da India, senon todos o do mundo mundial. Existen tres familias: corda, vento e percusión.

                                        FAMILIA DE CORDA

 FAMILIA DE VENTO

 FAMILIA DE PERCUSIÓN

Aprendimos a clasificar a cada instrumento na súa familia a través do xogo:

E por último marchamos da India descubrindo o equilibrio que teñen os/as hindús e a súa danza máis popular "Vande Mataram":