viernes, 26 de enero de 2018

EL CASCANUECES DE TCHAIKOVSKY

Bos días musicones!!!  seguimos vendo seres mitolóxicos, e neste caso tócannos as fadas. Así que traballamos co "ballet del cascanueces" de Tchaikovsky:


Vimos que dentro deste Ballet do cascanoces hai moitas danzas e entre elas está "La danza del hada de azúcar". Aproveitamos para bailar ballet e para acompañar o seguinte musicograma da obra con percusión corporal e movemento:


Aínda que é difícil depronunciar o seu nome, coñecemos quen era o seu compositor "TCHAIKOVSKY"


lunes, 15 de enero de 2018

CHEGOU O INVERNO


Bos días musicones, como a chegada do inverno comezou o 21 de decembro do 2017, e a día de hoxe notamos moito frío, imos darlle oficial e musicalmente a benvida a través do "Invierno" de Antonio Vivaldi:

Despois de escoitar o conto, para entrar en calor, fixemos a danza da neve, con moito movemento:
                
                                               







             

lunes, 8 de enero de 2018

MÚSICA NO MAR

Bos días musicones!!!! seguimos facendo música no fondo do mar!!! 


Despois de escoitar a canción, xogamos a imitar os instrumentos e bailar ao son da música mentres cantamos e formamos a orquesta mariña.

Despois convertémonos en peixes e tiburóns e xogamos a escoitar sons agudos e graves coas campás. Os tiburóns bailan cando escoitan o son grave e os peixiños cando escoitan sons agudos:


E tamén xogamos a cantar forte e suave "Donde está el pez matarile rile rile donde esta el pez matarile rile ró, en el fondo del mar matarile rile rile, donde está el pez matarile rile ró chis pom":


Sentados en círculo mentres cantamos suave a canción, camiña ao ritmo por detrás o que debe adiviñar quen ten o peixiño. Cando pase xusto por detrás de quen o ten, todo debemos de cantar moi forte para que saiba quen o esconde.

Volvemos pronto con máis música!!!