viernes, 17 de diciembre de 2021

ITALIA III

 Rematamos xa en Italia e despedímonos da mellor maneira!!! Percutimos co instrumento co que traballamos case todo o trimestre, polo que somos xa uns expertos. e onde aparecen as caixas cheas damos saltos e nas caixas baleiras agochámonos. Atentos porque tamén temos que xirar e xirar mentres o noso instrumento para de soar:


"A danza das horas", tema composto por Ponchielli, un compositor Italiano coñecido polo seu gran éxito operístico "La Gioconda". 









Así finalizamos a estancia en Italia e emprendemos de novo a viaxe, e antes de embarcar, imos a festexar o Nadal polo río. Primeiro aprendimos a tocar un novo instrumento: a pandereta. E todos xuntos acompañamos a panxoliña!!!















miércoles, 15 de diciembre de 2021

ITALIA II (BRINDISI)

 Continuamos e agora imos a unha cidade chamada Bríndisi!! Alí era moi importante A Ópera (teatro cantado e musicado). Tan importante era, que construiuse un Teatro chamado Verdi, en honor ao compositor máis coñecido de Ópera Giuseppe Verdi.

Este compositor fixo "A Traviata" a súa obra máis coñecida. A escoitamos pero como é moi longa, seleccionamos unha parte que se chama "Brindis". E qué é o brindis? Pois imos a empregar o necesario para facer o brindis: os vasos.

Primeiro buscamos todos os sons posibles dos vasos:






Despois fixemos unha orquestra con diferentes sons, e acompañamos A traviata con vasos:












Continuará...


miércoles, 8 de diciembre de 2021

ITALIA I

 Bos días musicones!!! continuamos coa viaxe, e facemos a seguinte parada en Italia!!!

O primeiro foi coñecer os instrumentos más empregados e coñecidos do país. Escoitamos, vemos e facemos que tocamos cando por fin adiviñamos de qué instrumentos se trataban:

Piano, violín e mandolina.

Seguidamente límos o conto musicado de Paco e Vivaldi. Compositor Italiano máis coñecido do País, onde podemos escoitar as súas músicas, entre elas  "As catro estacións". Como estamos no outono, escoitamos e representamos o musicograma do "Outono" de Vivaldi:

Cando aparece o esquío grande tocamos forte (plamadas) cando aprece o pequeno, tocamos suave (con dous dediños sobre a palma de man). Cando aparece a nube facemos que sopramos e cando sae a choiva cos brazos de arriba abaixo a representamos ao ritmo da música e percutimos logo cos pés cando aparecen os rapaces chapoteando nos charcos formados.








Continuamos coa danza máis coñecida: A Tarantella.





  Foi moi divertido!!! continuamos o próximo día en Italia!!!