miércoles, 30 de noviembre de 2016

SOL E MI SABEN ALIMENTARSE BEN

Bos días musicones!!!!! hoxe volveron SOL e MI para que nos os colocásemos na súa casiña e no seu piso correspondente. Parece que todos nos acordábamos do seu piso!!!!

Seguidamente, desde a súa casiña nos amosaron a súa mascota, que aparece camuflada na pirámide dos alimentos:
A ver se consegues ver ti algunha entre todos os alimentos!!!! quen pode ser a mascota de SOL e MI? atopáchela?
É a mazá amarela!!! que ensinoulle a SOL e MI a alimentarse ben, e veu tamén a xunto de nos para traballar os alimentos con ela!!!! cantamos a canción da "Mazá amarela" e xogamos con ela:


A canción:

"Grazas a mazá xa sei comer mellor
e pouquiño a pouco sabe todo mellor

Collemos a leituga, o tomate e a cebola,
facemos un aliño xa verás que sae boa.

Froitas e verduras temos que comer
e moito pescado para poder crecer.

Hoxe nos toca comer peixe espada,
aínda que non guste e tan bo como a ensalada.

Froitas e verduras temos que comer
e moito pescado para poder crecer."

Letra: Olalla Reboredo paz
Música inspirada na canción dos oficios de Teresa Rabal 

O xogo: acompañamos a canción con percusión corporal e moi atentos cada un levanta a tarxeta do alimento correspondente no momento preciso. O que non esté atento, queda sen tarxeta e empregará o seu corpo para facer o acompañamento.
 

martes, 22 de noviembre de 2016

SOL E MI TRAEN O PENTAGRAMA

Bos días musicones!!!!!
Mirade que nos traen hoxe os nosos amigos SOL e MI. É a casiña das notas, onde a clave de sol que coñecimos anteriormente fai de guardián musical:

Chámase pentagrama e parece ser que é a casiña das notas!!! aquí viven os nosos amigos, mirade que sorpresa nos deron:


Parece ser que a nosa amiga SOL vive na segunda liña do pentagrama e MI na primeira. Xa sabemos onde viven!!!! e ademais non sei se vos fixástes, pero teñen moitos traxes rexionais galegos!!!
Acompañamos co baile e coa nosa voz as cancións do pentagrama e da casiña das notas:


 

Se queredes, vós tamén podedes aprendelas!!!!




martes, 15 de noviembre de 2016

SOL E MI PRESÉNTANOS Á CLAVE DE SOL

Bos días!!!!! viñeron SOL e MI preparados para ensinarnos outro instrumento musical (As cunchas). Tocámolas de dúas formas diferentes: frotando unha contra a outra e acariciando a unha soa. Proba ti na casa se tes cunchas de vieira, soan moi ben!!!!


Despois coñecimos á Clave de Sol, repasámola co dedo para aprender a debuxala e cantamos con ela:

 

Cantamos e bailamos coa clave de Sol!!!!!
Vémonos o próximo día musicones!!!!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

COÑECEMOS A SOL E MI POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

Bos días musicones!!!!! 
Aproveitando que estamos co proxecto de centro "O camiño de Santiago", hoxe coñecimos a dous rapaces galegos (Marisol e Miguel) que saben tocar moitos instrumentos musicais propios da nosa terra "Galicia", e veñen a ensinarnos moitas cousiñas como instrumentos, bailes populares galegos e moitas cancións. Mentres facían o camiño cara Santiago de Compostela, pararon polo CRA de Ribadumia con ganas de coñecernos e traernos moita cultura. E parece que quedarán aquí con nós por un tempo. 


Aínda que chámanse Marisol e Miguel, eles preséntanse como SOL e MI. Nos amosaron a pandeireta e a gaita así como os seus sons:


E para rematar, visualizamos, escoitamos e cantamos "A saia da Carolina" (canción popular galega) co seguinte visionado onde se amosan ilustracións galegas:


Foi moi interesante, porque logo cantamos e bailamos "A saia da Carolina" todos xuntos.

Ata a seguinte musicones!!!! a ver con que nos sorprenden SOL e MI!!!!!



viernes, 4 de noviembre de 2016

SAMAÍN E MAGOSTO

SAMAÍN
Bos días musicones!!!! o día 28 de outubro, festexamos o Samaín e o Magosto e o pasamos Bomba. Houbo máis de un sustiño, pero nós asustamos aos nosos pais porque transformámonos en momias de cores, para bailar a canción:

  E esta foi a nosa actuación:











Cando nos viron bailando Rock and Roll, sopraron aliviados. Ufffffff que susto!!!!!!
Seguidamente veu a banda municipal a darnos un concerto final. Que ben estivo!!!!

Ata a próxima...con máis sorpresas!!!!