viernes, 24 de noviembre de 2017

SABELA NA ESCOLA!!!!!

Bos días musicones!!!!
Hoxe con Sabela descobrimos que os obxectos da aula fan música, e podemos empregalos simulando  instrumentos musicais reais.


Ademais xogamos a adiviñar que obxecto da nosa aula era a que caía ao chan (rotulador, lápiz, goma, tesoiras...), pero só escoitando o seu son. Un pouco difícil porque faise sen mirar. Podes probar ti na casa!!!

Ata a próxima!!!

lunes, 20 de noviembre de 2017

BAIXO O MAR

Bos días musicones, comezamos o traballo no fondo do mar, vendo que os animais mariños tamén saben tocar instrumentos, cantar e bailar!!!!



Despois de pensar que podemos atopar no fondo do mar, comezamos os xogos musicais:


Baila o noso animal cando o escoitemos cantar:


Bailamos baixo o mar:


Seguiremos traballando e musicando no fondo do mar!!!!!



lunes, 6 de noviembre de 2017

COÑECEMOS A SABELA!!!

Bos días musicones!!! fai varias semanas, coñecemos a Sabela a través do libro VIOLÍN


e descobrimos que lle encanta a música, a ela e a toda a súa familia, e que o seu instrumento musical preferido é a trompeta:





 a escoitamos tocar!!! que pasada!!
Ao seu irmá pequeno encántalle tocar as campaíñas e a nos tamén!!!!!


Así aprendemos toda a escala musical DO, RE, MI, FA, SOL, LA, SI, DOOOOO!!!