miércoles, 16 de junio de 2021

DESPEDÍMONOS CUN MIX MUSICAL

 Bos días musicones!!!! esta é a última semana así que imos despedirnos cun repaso de montón de xogos musicais que fixemos durante todo o curso!!! entre eles:

- orquestas de animais, xogos das estatuas, os canguros, carrera de cans e gatos, contos musicados de animais, baile da formiga, danza dos saltóns, ratón que te pilla el gato, danza Holandesa dos animais, XOGO DOS TRES POQUIÑOS:







 

E como punto final fixemos a DANZA DOS 7 ANIMAIS:
















 

Así despedímonos co Proxecto dos animais ata o próximo curso, que levaremos a cabo o Proxecto de....!!! Á volta saberémolo!!! Podedes esperar?

DISFRUTADE DO VERÁN!!!

VÉMONOS EN SETEMBRO MUSICONES!!!

miércoles, 9 de junio de 2021

LOS CONEJITOS

 Bos días!!! esta semana estivemos dramatizando contos musicados, inspirados no método Dalcroze, onde o corpo é a base musical; 

LOS CONEJITOS:




miércoles, 2 de junio de 2021

A ORQUESTA TUTTI E SOLO

Bos días musicones!!! seguimos coa nosa música e cos animais domésticos. Para iso hoxe vimos o conto musical: Paco e a orquesta, a través do cal puidemos entender o significado musical SOLO (un solo de, por exemplo, frauta, significa que ela vai ser a protagonista da orquesta) e TUTTI (todos os instrumentos son os protagonistas)



Seguidamente xogamos á orquesta como fixo Paco, facendo solos e Tuttis:

Aquí temos dentro da orquestra, un SOLO de triángulo;

aquí un SOLO de pandeiro;


 aquí un SOLO de maracas

e un TUTTI:


 



Vídeo cortiño da orquestra:


Anímaste na casa a facer unha? recorda o significado de SOLO e TUTTI!!!!


viernes, 28 de mayo de 2021

OS ANIMAIS DE GRANXA E A PERCUSIÓN CORPORAL

 Seguimos cos animais de granxa pero centrarémonos máis no can, como comentamos na sesión anterior. Neste caso o can BOBY, vemos e escoitamos para recordar cantos animais aparecen e acompañar con pecusión corporal a canción:


Seguimos o ritmo da canción concetrándonos moito para poder facelo ben. Estade atentos porque é moi difícil:

 

Practicamos máis? veña inténtaoo na casa tamén!!!



viernes, 21 de mayo de 2021

O CAN BINGO

 Bos días musicones, como o animal doméstico máis cercano a nós é o can, adicamos exclusivamente varias sesións a eles como iremos vendo. 

Hoxe coñecemos ao can BINGO, e xogamos co seu nome facendo percusión corporal:


 A cada letra do nome correspóndelle un son que faremos co noso corpo. Así cada vez que repetimos a canción, quitámoslle unha letra e a sustituímos polo seu son correspondente:

 Quitamos a letra "B" e a sustituímos por pitos.


 
Quitamos agora "I" e a sustiuímos por pernas.


 

Logo quitamos "N" e "G" e facemos palmada no peito:


 E por último a letra "O" con unha palmada. Podemos velo completo no primeiro video pero sin decir o nome das letras.

Intentámolo de novo na casa?

Veña!! que cada vez sae mellor!!!

domingo, 16 de mayo de 2021

GATOS, CANS E RATOS (2ª parte)

 Continuamos a sesión anterior, e comezamos coa lectura dun conto musical de animais domésticos:


Os protagonistas son un can e un gato que tocan instrumentos e os seus amigos son animais de granxa que tamén saben música e todos xuntos forman unha orquestra, coma facemos nós.

Aprendemos baile e estribillo da seguinte canción:


E estivemos moi áxiles para facelo igual que os gatos e os cans, xa que a canción é moi rápida!!!


En cadea subimos e baixamos ao ritmo e seguidamente imos facendo circuito por debaixo das mans dos compañeiros en zigzag o máis rápido posible antes de que volva a comezar o estribillo!!

Preparados para xogar!!! neste caso fixemos unha carreira de cans e gatos!! Os cans avanzan co son da castañola e os gatos ao son dos cascabeis!!


Finalizamos cunha orquestra de cans e gatos traballando sons Fortes e sons suaves!!

Deica a próxima musicones!!!

lunes, 3 de mayo de 2021

GATOS, CANS E RATOS (1ª parte)

 Bos días musicones!!! Seguimos con animais domésticos e neste caso con cans, gatos e un intruso que ven para meterse cos gatos e facer rabiar!!!

Para iso comezamos co libro da sinfonía onde o rato da orquesta danos pistas musicais para adiviñar o animal que ten escondido: o gato!!

Despois de escoitar música gatuna (música clásica: dueto de los gatos de Rossini), vimos dous instrumentos: un deles xa o coñeciamos (cascabeis e castañolas)


Os tocamos e escoitamos os seus sons tan diferentes:





Seguidamente xogamos a o xogo de "ratón que te pilla el gato". O ratón levará na man as castañolas e o gato o cascabel e faranno soar cando corran:






Qué divertido!!! Continuará...