miércoles, 27 de marzo de 2019

MÚSICA COAS OLAS DO MAR

Benvidos de novo, hoxe continuamos cun xogo de "Aliméntate ben", na que cada un deberá escoller un ingrediente para a elaboración musical dunha ensalada. Pero neste caso, faremos unha ensalada mariña soamente con productos do mar. Así que todos pensamos nun, e por suposto nun paso de baile. Facemos un círculo simulando o prato da ensalada: o xogo consistiu en memorizar os ingredientes que imos dicindo cos seus pasos correspondentes (atún, palitos de cangrexo, algas, gambas, etc.) e bailar cando corresponda o paso correcto:





Pensamos cómo soan as olas do mar, escoitámolas e vemos un dato curioso, e é que as olas non se xuntan unhas con outras, así que con vasos fixemos como elas: levamos todos o mesmo ritmo (un, dous, tres, paso o vaso) pasándonos o vaso. Sabemos se o estamos a facer ben,  porque igual cas olas, non se poden xuntar:



Era moi difícil!!!! necesitamos moita concentración para seguir o ritmo!!! unha vez dominado, entre todos fixemos unha torre de vasos sen movernos do sitio. Foi moi divertido este traballo en grupo!!!
Ata a próxima!!!!
 

viernes, 15 de marzo de 2019

EU COCIÑO E TI COCIÑAS?

Bos días musicones arrancamos a semana sumerxíndonos no "Aliméntate ben" e para iso comezamos cunha receita sabrosísima: A ENSALADA DE PASTA 
                                                    

Fixemos un baile, movémonos con olas do mar damos unha volta, comemos e outra forma de mover as olas do mar. Cantamos o estribillo "Somos nenos cociñeiros...":




Agora somos nos os que temos que cociñar: cada un escolle un ingrediente para facer unha nova ensalada. Cada ingrediente conleva un paso de baile que deberán inventar.


E todos repetirmos o paso de cada ingrediente e o nome ao mesmo tempo. Nesta imaxe están a representar a leituga cos brazos.
Ata a próxima, que imos continuar con "O sabor da aventura está no mar"

viernes, 22 de febrero de 2019

TAM TAM CIRCENSE

Musicones durante un par de semanas estivemos facendo un obradoiro de instrumentos musicais, e o seleccionado foi o tambor de mano (tam tam) así que puxémonos mans á obra:

-Primeiro pintamos a caixa de queixiños das cores da carpa do circo:
 

-Segundo decoramos con pegatinas de estreliñas:



-Terceiro, colocamos as bolas na lá e colocamos o mango, pechamos a caixiña e este foi o resultado:




Agora xa o podemos facer sonar!!!

miércoles, 20 de febrero de 2019

XIGANTES E ANANOS NO CIRCO

Bos días musicones, seguimos co mundo do circo e os seus personaxes. Hoxe vimos e xogamos a ser xigantes e ananos, con música forte bailamos estirados e con música suave bailamos agachados. 
Coa seguinte canción:

1 2 3 1 2 3 un gigante quiero ser
1 2 3 1 2 3 y un enano también
GI-GAN-TE soy (cantamos fuerte)
y yo un enanito pequeñito y juguetón (cantamos suave y agachados)

 1 2 3 palmas ao ritmo
gigante: estirados
enanos: agachados

Unha vez dominada a canción con xestos e palmas, acompañamos con claves e caixas chinesas e tocamos forte ou suave segundo corresponda:

 




viernes, 18 de enero de 2019

INSTRUMENTOS DE CIRCO

Bos días musicones!!!! empezamos o ano indagando sobre os instrumentos de circo, e estas foron as nosas contestacións:

-HAI MÚSICOS NO CIRCO? Sí

-QUE FAN OS MÚSICOS DO CIRCO? Tocan instrumentos, bailan mentras tocan, e otros cantan.

-ONDE SE COLOCAN? nun altillo no escenario, dentro da carpa, camiñando polo escenario,etc.

-INSTRUMENTOS QUE TOCAN? QUE INSTRUMENTOS SOAN NO CIRCO? Tambor, trompeta, saxofón, trombón, piano, guitarra, violín clarinete, trompa, armónica, etc.

Vimos a seguinte imaxe e comentamos, que instrumentos hai, onde están os músicos, e unimos os instrumentos debuxados co instrumento real:

Despois comprendimos que cada instrumento ten a súa familia, igual que nós. E cos instrumentos que temos na aula, vimos que hai 3 familias:

-FAMILIA DE MADERA:
 -FAMILIA DE METAL:
-FAMILIA DE PARCHE OU MEMBRANA:

 Así xogamos a colocar cada instrumento na súa casiña coas imaxes anteriores:







 Decimos a palabra máxica (nome do instrumento), o tocamos, decimos a que familia pertence e o colocamos na súa casiña.
E seguidamente xogamos na pizarra dixital co seguinte xogo:




Deica a próxima!!!

viernes, 14 de diciembre de 2018

O PAPÁ DE MOZART TAMÉN É MÚSICO

Entrando nas datas navideñas, soubemos que o papá de Mozart (LEOPOLDO MOZART) tamén foi músico, e en concreto fixo un tema navideño chamado "UN PASEO EN TRINEO":


Despois de ver o musicograma, representámolo da seuinte maneira:
-ferradura e trineos-pes no chan
-cabalo-inclinámonos como eles
-cascabeis-tocámolos tantas veces como saen no musicograma.
 Foi moi difícil pero divertido!!!
Despois aprendimos a discriminar e clasificar instrumentos de madeira (claves e caixa chinesa) e instrumentos de metal (triángulo e cascabeis):

Unha vez dominado, xogamos á orquestra con director e acompañamos a seguinte panxoliña:
BOO NADAL MUSICONES VÉMONOS Á VOLTA DE VACACIÓNSSSS!!!!

viernes, 23 de noviembre de 2018

OS PALLASOS DO CIRCO

Bos días, Silenciosí preséntanos a dous pallasos moi divertidos:


Na feira do pallaso Cepillín, véndense instrumentos musicais, e nós mediante mímica xogamos a tocar cada un deles no momento que saen (guitarra, trompeta, batería, piano e acordeón).


O seguinte é Miliki (Os pallasos da tele). Cantamos e xogamos cos canción: "Tres pelos tiene mi barba"
Podes xogar ti na casa, e moi divertido!!!!

Vémonos pronto musicones!!!