Bos días musicones, continuamos co voluntariado miúdo!!!! Esta semana vimos o conto de Pepa y Mila, dúas mascotas ás que lles encanta a música e nos amosan varios instrumentos musicais incluido o seu son real:
Dramatizamos o conto como se fósemos unhas boas mascotas e fixemos moitos xogos musicais:
O xogo consistía en facer unha carreira entre perros e gatos a ritmo de pandeiro e de pandeireta respetivamente. Foi moi divertido!! E entre outros xogos, finalizamos bailando un rock de mascotas (primeira canción do seguinte vídeo):
Se queres podes xogar e bailar ti na casa!!! Deica a vindeira semana!!!
Bos días aquí estamos de novo con máis animais musicais!!! Esta semana traballamos o ritmo con percusión corporal (pitos, palmas, rodillas e pes) facendo relación ao coidado das mascotas e outros animais de granxa. Sabes facer as anomatopeias como facemos nos?
Foi moi divertido porque convertémonos en animais para dramatizar a canción!!!
Despois xogamos ao xogo da granxa: cada un é un animal de granxa e debe facer o seu son cando escoitemos a palabra "GRANXA", así mesmo debemos estar durmidos e en silencio cando escoitemos a palabra "NOITE"
Estamos de volta musicones!!! Seguimos co noso voluntariado, e neste caso cos animais. Estivemos visualizando o conto dos Músicos de Bremen, que trata de animais abandonados e para o fomento do "NON ABANDONO", fixemos moitos xogos e bailes musicais, xa que o gato, o perro o burro e o galo formaron unha gran banda:
Na danza seguinte, todos somos unha mascota, e como tal debemos ser coidadas e mimadas, e para iso coa música da "Danza Holandesa", xogamos a bailar e imitar, ao ritmo de palmas, aos compañeiros para que os nosos donos non nos abandonen e sepan cómo coidarnos:
e que divertido foi cantar e bailar "Perro Amigo"
Tamén supemos adiviñar os sons dos animais só con esoitalos!!!
Bos días!!!! volvemos con Sabela, pero esta vez coñecemos a súa casa e adiviñamos os sons que producen os obxectos do seu baño, da súa cociña e do seu dormitorio:
Despois indagamos nós os sons que podemos producir cos obxectos da cociniña da nosa clase para formar unha orquestra facendo cada un o son que descubriu:
Ademais escoitamos "El reloj sincopado" de Leroy Anderson, que é o reloxo que ten Sabela na súa casa:
E logo dramatizamos a música como se fósemos reloxos e engadimos percusión corporal ao ritmo:
Tic, tac, tic, tac, Sabela rodéase de música por todos os ricunchos da súa casa!!! E a nós encántanos!!
Bos días musicones!!! seguimos vendo seres mitolóxicos, e neste caso tócannos as fadas. Así que traballamos co "ballet del cascanueces" de Tchaikovsky:
Vimos que dentro deste Ballet do cascanoces hai moitas danzas e entre elas está "La danza del hada de azúcar". Aproveitamos para bailar ballet e para acompañar o seguinte musicograma da obra con percusión corporal e movemento:
Aínda que é difícil depronunciar o seu nome, coñecemos quen era o seu compositor "TCHAIKOVSKY"
Bos días musicones, como a chegada do inverno comezou o 21 de decembro do 2017, e a día de hoxe notamos moito frío, imos darlle oficial e musicalmente a benvida a través do "Invierno" de Antonio Vivaldi:
Despois de escoitar o conto, para entrar en calor, fixemos a danza da neve, con moito movemento: