sábado, 22 de octubre de 2022

TROGLÓN PRESÉNTANOS AOS DINOSAURIOS

Antes de nacer Troglón, existían os dinosaurios e gracias a eles puidemos discriminar sons fortes e sons suaves e o fixemos a través de diversas actividades:

Tocamos o pandeirosimulando as pisadas fortes dos grandes dinosaurios





   



Representamos con percusión corporal as pisadas de dinosaurios e de nenos coma nos e coma Troglón 


E aprendimos tamén a dirixir como se fosemos grandes directores de orquesta

Xa expertos en sons fortes e suaves, e aproveitando que estamos no outono, dramatizamos co noso corpo os sons fortes e suaves seguindo os esquíos e as diferentes climatoloxías que aparecen no seguinte vídeo ( podedes facelo en familia) “O outono” de Antonio Vivaldi: 


sábado, 15 de octubre de 2022

INTRODUCIÓNS PREHISTÓRICAS

Bos días musicones!!! Este curso imos traballar no proxecto de centro “A prehistoria”, así que veu a xunta nós un troglodita chamado Troglón, que vainos ensinar todo sobre a música de antes (cos dinosaurios) e desde que el naceu. Hoxe vai presentarnos a sua familia, e coñecer un pouquiño sobre cómo vivían. 





E Despois cantamos a canción de Troglón:

“Troglón é un moneco

Da era que pasou que pasou 

E ven xunto de nós 

A ensinarnos moitos sons, moitos sons”

Seguidamente acompañamos a súa canción con pandeiretas


E fixemos a danza da familia troglodita:








Para que os xogos funcionasen, a familia de Troglón estaba sempre moi atenta, participativa e sabían escoltar!! Así que nos imos facer o mesmo para que a música funcione!!!

domingo, 2 de octubre de 2022

ARRANCAMOS MUSICONES



 Despois de este descanso, iniciamos un novo curso cheo sorpresas e diversión. Arrancamos musicones con moita enerxía!!! Bailamos, cantamos, tocamos e divertímonos moito os primeros días de música:






viernes, 3 de junio de 2022

EEUU E DESPEDIDA

Bos días nusicones!!! Continuamos a nosa viaxe!! Noso destino esta semana foi Estados Unidos, e coñecemos os dous instrumentos mais sonados, sobretodo na musica country, que procede precisamente de este lugar.

Banjo e armónica. Escoitamos os seus sons e vimos cómo se tocaba. A través de un conto escoitamos a seguimte canción:


E por último, bailamos música country.

Continuamos a nosa viaxe pero agora xa de regreso así que voltamos a Londres para centrarnos sobretodo nos Beatles e regresaremos a nosa terriña: Galicia.

Pronto ponderemos amosarvos o moito que traballamos e as danzas da nosa volta ao mundo!!! Vémonos o último día de cole!!! E a disfrutar do verán que enseguida estamos de volta con moitas sorpresas!!!!

Ata o año que ven musicones!!! E acordadevos que a musica sempre está nas nosas vidas no día a día 🤗 DISFRUTÁDEA!!!!


viernes, 8 de abril de 2022

CHINA II

Continuamos en China e agora somos nós os que construimos o noso tambor de mano con unha caixiña de queixiños (pintamos con témperas a caixiña, insertamos as boliñas no fío e puxemos a nosa inicial do nome en letras chinas):






E unha vez montado e sellado, este foi o noso resultado:




Despois fixémolos sonar e xogamos a orquesta con eles!!!!