miércoles, 19 de enero de 2022

NAVEGANDO POLO MAR I

Musicones!!! Seguimos navegando polo mar!!! xa estamos chegando ao noso próximo destino!!

E para iso necesitamos o último empuxón polo mar.

Acompañamos con panderetas a canción "un peixe moi divertido"




E despois seguimos a seguinte partitura navegando con pandeiretas e pandeiros:








E para finalizar bailamos ao ritmo da canción "Vamos a dar la vuelta al mundo". Cuando la música se pare, formamos barcos por parejas:



Remamos moito e por iso xa chegamos ao seguinte destino (na seguinte sesión descubrímolo)!!





miércoles, 12 de enero de 2022

NAVEGANDO POLO MAR

 Bos días musicones, seguimos a nosa viaxe dirección El Cairo-Suez. Farémolo navegando polo mar.

E comezamos falando de todo o que podemos atopar no fondo do mar, cantando e danzando coa canción "Un peixe moi divertido"








Continuamos co xogo do delfín que salta e se sumerxe segundo escoita sons agudos ou graves (flauta de émbolo):







 
No seguinte xogo, escollemos doús animais do mar e dous instrumentos musicais:
Comprobamos os sons, tocando cada instrumento: pandeireta e pandeiro.










E comeza o xogo: facemos dous grupos (a familia dos cabaliños de mar e a familia dos delfíns). Deberán desplazarse polo mar sempre en grupo e cando escoiten o son correspondente (visualizar no encerado). O obxectivo do xogo é moverse cando soe o instrumento da nosa familia, ao ritmo que marque e manterse unidos sen separarse (grupo de familia).

Continuará...




viernes, 17 de diciembre de 2021

ITALIA III

 Rematamos xa en Italia e despedímonos da mellor maneira!!! Percutimos co instrumento co que traballamos case todo o trimestre, polo que somos xa uns expertos. e onde aparecen as caixas cheas damos saltos e nas caixas baleiras agochámonos. Atentos porque tamén temos que xirar e xirar mentres o noso instrumento para de soar:


"A danza das horas", tema composto por Ponchielli, un compositor Italiano coñecido polo seu gran éxito operístico "La Gioconda". 









Así finalizamos a estancia en Italia e emprendemos de novo a viaxe, e antes de embarcar, imos a festexar o Nadal polo río. Primeiro aprendimos a tocar un novo instrumento: a pandereta. E todos xuntos acompañamos a panxoliña!!!















miércoles, 15 de diciembre de 2021

ITALIA II (BRINDISI)

 Continuamos e agora imos a unha cidade chamada Bríndisi!! Alí era moi importante A Ópera (teatro cantado e musicado). Tan importante era, que construiuse un Teatro chamado Verdi, en honor ao compositor máis coñecido de Ópera Giuseppe Verdi.

Este compositor fixo "A Traviata" a súa obra máis coñecida. A escoitamos pero como é moi longa, seleccionamos unha parte que se chama "Brindis". E qué é o brindis? Pois imos a empregar o necesario para facer o brindis: os vasos.

Primeiro buscamos todos os sons posibles dos vasos:






Despois fixemos unha orquestra con diferentes sons, e acompañamos A traviata con vasos:












Continuará...