Benvidos musicones!!! Outro ano máis volvemos cargados de sorpresas musicais!!!
Comezamos o curso coa presentación do mimo SILENCIOSÍ, o que nos acompañará nas clases de música para ensinarnos un montón de cousas sobre o Circo e o silencio:
Xogamos a facer mimo como SILENCIOSÍ e utilizámolo para facer orquestas de sons e silencios:
Fixemos a danza dos mimos e xogamos a ser malabarístas e estatuas con música de mimo:
Volvemos pronto para seguir pasándolo ben!!!!
miércoles, 17 de octubre de 2018
miércoles, 13 de junio de 2018
SABELA NA VILA
Bos días musicones!!!! chegando xa ao final de curso, rematamos con Sabela na vila. Xogamos a adiviñar os sons que rodean a Sabela pola rúa, parque e de camiño á súa casa e ao seu cole.
Así escoitamos moitos medios de transporte que fan moitísimos sons deiferentes. E despois xogamos do seguinte xeito:
Son das cunchas, é moi similar ao son dunha moto:
A ritmo de pandeiro vai o tren, pode ser rápido ou lento, pero... moi atentos a un golpe forte de pandeiro, porque o tren debe pasar por debaixo dun túnel. Outro golpe máis, é que saímos del. Se non escoitamos o pandeiro, o tren debe parar.
Foi moi divertido, xa que todos puidemos ser maquinistas e tocar o pandeiro para que o tren obedeza a nosa orde!!!
Así escoitamos moitos medios de transporte que fan moitísimos sons deiferentes. E despois xogamos do seguinte xeito:
Son das cunchas, é moi similar ao son dunha moto:
Son do triángulo, é o timbre dunha bicicleta:
Son agudo de flauta de émbolo, é un tren:
Son grave de flauta de émbolo, é un barco:
Música de fondo "La bicicleta" acompañando cos instrumentos anteriores danzando ao ritmo e facendo os medios de transporte que manden os sons. Necesitamos estar en total silencio para realizar este xogo, para saber que temos que facer.
Logo xogamos ao tren tolo:
Foi moi divertido, xa que todos puidemos ser maquinistas e tocar o pandeiro para que o tren obedeza a nosa orde!!!
miércoles, 16 de mayo de 2018
MÚSICA JAZZ: ELLA FITZGERALD
Bos días musicones!!! Levamos unhas semanas traballando e coñecendo á primeira muller cantante de Jazz: Ella Fitzgerald. Coñecimos a súa vida dende nena e a escoitamos cantar:
Coñecimos tamén os instrumentos típicos do JAZZ e xogamos a xogos interactivos cos instrumentos escoitando o seu son real e adiviñando cal é o que produce ese son:
Coñecimos tamén os instrumentos típicos do JAZZ e xogamos a xogos interactivos cos instrumentos escoitando o seu son real e adiviñando cal é o que produce ese son:
E cando superamos as probas do Jazz, Ella decidiu que deberiamos sacar fotos coas súas mascotas, os gatiños jazzeros:
Somos expertos da música Jazz!!! Proba superada!!!
Gracias Ella por ensinarnos este tipo de música que non coñeciamos!!!
Ata pronto
lunes, 2 de abril de 2018
AS MASCOTAS
Bos días musicones, continuamos co voluntariado miúdo!!!! Esta semana vimos o conto de Pepa y Mila, dúas mascotas ás que lles encanta a música e nos amosan varios instrumentos musicais incluido o seu son real:
Dramatizamos o conto como se fósemos unhas boas mascotas e fixemos moitos xogos musicais:
O xogo consistía en facer unha carreira entre perros e gatos a ritmo de pandeiro e de pandeireta respetivamente. Foi moi divertido!! E entre outros xogos, finalizamos bailando un rock de mascotas (primeira canción do seguinte vídeo):
Se queres podes xogar e bailar ti na casa!!!
Deica a vindeira semana!!!

viernes, 16 de marzo de 2018
A GRANXA MUSICAL
Bos días aquí estamos de novo con máis animais musicais!!!
Esta semana traballamos o ritmo con percusión corporal (pitos, palmas, rodillas e pes) facendo relación ao coidado das mascotas e outros animais de granxa. Sabes facer as anomatopeias como facemos nos?

Foi moi divertido porque convertémonos en animais para dramatizar a canción!!!
Despois xogamos ao xogo da granxa: cada un é un animal de granxa e debe facer o seu son cando escoitemos a palabra "GRANXA", así mesmo debemos estar durmidos e en silencio cando escoitemos a palabra "NOITE"
Ata a próxima!!!!
viernes, 9 de marzo de 2018
OS MÚSICOS DE BREMEN
Estamos de volta musicones!!! Seguimos co noso voluntariado, e neste caso cos animais. Estivemos visualizando o conto dos Músicos de Bremen, que trata de animais abandonados e para o fomento do "NON ABANDONO", fixemos moitos xogos e bailes musicais, xa que o gato, o perro o burro e o galo formaron unha gran banda:
Na danza seguinte, todos somos unha mascota, e como tal debemos ser coidadas e mimadas, e para iso coa música da "Danza Holandesa", xogamos a bailar e imitar, ao ritmo de palmas, aos compañeiros para que os nosos donos non nos abandonen e sepan cómo coidarnos:

e que divertido foi cantar e bailar "Perro Amigo"

Tamén supemos adiviñar os sons dos animais só con esoitalos!!!
jueves, 1 de marzo de 2018
EL VALS DE LAS FLORES
Benvidos de novo!!! Esta semana, como voluntarios que somos, traballamos coidando as plantas dun xeito moi especial:
Seguimos o musicograma coa música "El vals de las flores" de Tchaikovsky, compositor que xa coñecemos en anteriores sesións.
Despois dramatizamos o conto:
Desde o crecemento das flores ata o baile de Vals.
Pronto volveremos con máis voluntariado miúdo!!!!
Deica logo musicones!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)