viernes, 7 de octubre de 2016

VIAXAMOS A EXIPTO

Bos días musicones!!!!!! hoxe coñecemos ao malvado da película "O príncipe de Exipto", e seguimos o musicograma do seu recorrido ata cumplir a súa misión: abrir a pirámide para liberar a música tocando a arpa dorada:



Escoitamos a "Danza húngara nº5 de Brahms" para seguir o percorrido do príncipe de Exipto.


Desciframos xeroglíficos, percutindo co noso corpo, como verdaderos exipcios e despois coñecimos e discriminamos os sons dos instrumentos musicais máis coñecidos do lugar:


Fixemos xogos con eles, bailamos e cantamos como exipcios e como os mortos das pirámides: AS MOMIAS!!! UUUUUUHHHHH  QUEEEEEE MEEEEEDOOOOO!!!!

viernes, 30 de septiembre de 2016

BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL

Bos días musicones!!!! Hoxe viñeron facernos unha visita os da banda municipal de música para deleitarnos con moitas cancións coñecidas como a de Bob Esponxa, Pepa Pig, Frozen, etc.


Estivo xenial, porque ademais recordáronnos que temos o noso corpo como instrumento musical, e percutimos con él para cantar unha canción da tribu que nos ensinaron.

E por suposto nos presentaron os instrumentos musicais cos que tocaban:

SAXOFÓN BARÍTONO, CLARINETES E A CAIXA. 

Gustounos moito!!!! Volvede pronto a ensinarnos máis cousiñas musicais!!!


jueves, 29 de septiembre de 2016

BENVIDOS AO NOVO CURSO MUSICONES!!!!!!!!

Arrancamos cunha presentación musical en cada unha das aulas con canción, baile, percusión corporal e xogos musicais:





Continuamos dandolle a benvida ao outono (Vivaldi):  


Imos preparándonos porque empezamos a música chea de sorpresas!!!!
 Estade moi atentos musicones!!!!! Ata a próxima!!!

miércoles, 29 de junio de 2016

FIN DE CURSO

NOS DESPEDIMOS, ATA O ANO QUE VEN MUSICONES!!!!!!

Pero antes de despedirnos, mirade como nos divertimos o último día do curso:

-fixemos xogos musicais entre outros para non perder ritmo



-e demostramos a todos que sabemos bailar de todo, aproveitando o Proxecto do terceiro trimestre (Aragón), bailamos todos xuntos unha "JOTA ARAGONESA"


VÉMONOS Á VOLTA DAS VACACIÓNS, PASADE BO VERÁN, E NON VOS OLVIDEDES DE LEVAR SEMPRE O RITMO NO CORPO!!!!!!

miércoles, 8 de junio de 2016

OS NOSOS DADOS MUSICAIS

Como nos divertimos os musicones co xogo do dado musical!!!!!

Unha vez coñecidos os nosos instrumentos musicais da aula, xogamos cun dado feito por nós. Primeiro pintamos os instrumentos da súa cor correspondente e despois cortamos e pegamos:


Este foi o noso resultado: 



E finalmente xogamos, facendo un ritmo concreto (cada vez mais complicado) no instrumento que nos tocou:



              




 

martes, 31 de mayo de 2016

PLAN PROXECTA "mobilidade sostible e segura"

Traballamos tamén a educación viaria en música co seguinte enlace:

No baile do STOP, bailamos moito pero cando escoitábamos a palabra STOP tíñamos que parar.

Ademais tamen xogamos ao xogo do director cos instrumentos musicais, respectando os sinais de tráfico:


miércoles, 11 de mayo de 2016

PLAN PROXECTA: aliméntate ben

Os musicones tamén formamos parte do proxecto "Aliméntate ben", construindo o noso tambor de man por aulas:

AULA DE LOIS: o tambor nécora              AULA DE LEIRO: o tambor rodaballo



                           

AULA DE RIBADUMIA B: o tambor vieira     AULA DE SISÁN: o tambor raia

                            

AULA DE RIABDUMIA A: o tambor polbo


Gustounos tanto, que quixemos facer un para cada un e así foi o noso proceso e o resultado final:

Pintamos as caixas de queixiños, puxemos o fío nas boliñas e metímoslle un pau no centro para agarrar o noso tambor e facelo soar. E este foi o noso reusltado final: