miércoles, 8 de junio de 2016

OS NOSOS DADOS MUSICAIS

Como nos divertimos os musicones co xogo do dado musical!!!!!

Unha vez coñecidos os nosos instrumentos musicais da aula, xogamos cun dado feito por nós. Primeiro pintamos os instrumentos da súa cor correspondente e despois cortamos e pegamos:


Este foi o noso resultado: 



E finalmente xogamos, facendo un ritmo concreto (cada vez mais complicado) no instrumento que nos tocou:



              




 

martes, 31 de mayo de 2016

PLAN PROXECTA "mobilidade sostible e segura"

Traballamos tamén a educación viaria en música co seguinte enlace:

No baile do STOP, bailamos moito pero cando escoitábamos a palabra STOP tíñamos que parar.

Ademais tamen xogamos ao xogo do director cos instrumentos musicais, respectando os sinais de tráfico:


miércoles, 11 de mayo de 2016

PLAN PROXECTA: aliméntate ben

Os musicones tamén formamos parte do proxecto "Aliméntate ben", construindo o noso tambor de man por aulas:

AULA DE LOIS: o tambor nécora              AULA DE LEIRO: o tambor rodaballo



                           

AULA DE RIBADUMIA B: o tambor vieira     AULA DE SISÁN: o tambor raia

                            

AULA DE RIABDUMIA A: o tambor polbo


Gustounos tanto, que quixemos facer un para cada un e así foi o noso proceso e o resultado final:

Pintamos as caixas de queixiños, puxemos o fío nas boliñas e metímoslle un pau no centro para agarrar o noso tambor e facelo soar. E este foi o noso reusltado final:






domingo, 8 de mayo de 2016

Este outono celebramos o magosto e o samaín dunha forma moi musical, xa que escoitamos e cantamos con Luis Vallecillo "Contos Cantados"


 e preparamos a actuación dos "Esqueletos" cun baile moi terrorífico:



 Para o Nadal preparamos outro baile, o "villancico flamenco", un dos nosos traballos do trimestre en Andalucía:


miércoles, 4 de mayo de 2016

BOS DÍAS MUSICONES!!!!!!!

Bos días musicones!!!! Atopámonos xa na recta final do curso e todavía non estreamos o blog neste curso, polo que faremos un resumo do noso traballo musical do ano:

Aprendimos a facer coreografías conxuntas:


Coñecemos e tocamos os instrumentos de percusión da aula:



Cantamos todo tipo de estilos musicais ao unísono e xogamos moito cos sons e  con músicas diferentes a través da nosa expresión corporal e aprendimos a coñecer o noso propio corpo como un instrumento musical!!!!!!

Intenta ti facer un son soamente co teu corpo!!! xa verás que divertido!!!



 

martes, 5 de mayo de 2015

PEDRO E O LOBO (PROKOFIEV)

Nas semanas anteriores estivemos traballando a obra de Prokofiev, que leva por título "Pedro e o lobo" Nela, cada personaxe está representado por un instrumento da orquestra. Vimos o vídeo e logo fomos capaces de recoñecer, con so escoitar a melodía, de que personaxe se trataba. 

jueves, 5 de marzo de 2015

A DURACIÓN DOS SONS

Estas semanas estamos traballando a duración dos sons e descubrimos que os sons poden ser longos, coma o muxido dunha vaca, ou curtos, como fan os parrulos. Mirade o vídeo do nosos amigo Musizón e xa veredes como facilmente o ides entender.